Posts Tagged ‘esbardalle’

Sala Yago:

Sábado, Febreiro 15th, 2014

(poema para timba poétika na Sala Yago okupada)

Sala Yago:

-Isto
é
unha
ilusión,
os edificios non falan
mais ti, queres escoitarme.

Pois mira, antes de ti naceres
estas mans moveran monicreques
estes ollos viran cine porno e
nesta pétrea pel tatuaran lemas
franquistas, tamén antifranquistas.

Xa era consciente antes
do teu bico principesco
mais si, quero que me tomes.

Isto
é
unha
ilusión,
mañá, acordarás preso
mañá, pecharei as fiestras.

Falarei coas arañas, cos gatos
cultivarei o musgo, os liques.
Os proxenetas desta cidade
especularán con este corpo.
Outra vez. E outra, e outra máis.

Mais non borrarán este amor
eu quérote, ti quéresme
xa estou preñada de… soños.

Jota de Palavea

Luns, Xaneiro 6th, 2014

(cantada na timba poétika monarcofóbica en Palavea)

Bo serán teña señora
sonvos o bobo da corte
quero cantar neste sitio
antes que lle dean morte.

Évos o triste cantare
do feudalismo moderno
do a rei morto rei posto
do non, non, non é o momento.

As anarquistas non temos
muita boa puntaría
lembrade Mateo Morral
no atentado á monarquía.

E a quen habemos matare
xa vivimos axeonlladas
ante o diñeiro, o ego
e as bebidas combinadas.

O poder dorme tranquilo
no colchón das nosas penas
cos dentes deste sorriso
ímoslle cortar as veas.

Aquí vai a despedida
por riba de cinco pesos
cunha do grande Albert Pla
que sacamos de contexto:

“Yo seré su súbdito amado, su sumiso esclavo,
su obediente criado, su subordinado y devoto lacayo.
Le juro ante Dios y ante el cielo y la Biblia,
¡Que viva el Rey! ¡Que viva el Rey!
¡Que viva la Monarquía!”