Posts Tagged ‘okupa’

Sala Yago:

Sábado, Febreiro 15th, 2014

(poema para timba poétika na Sala Yago okupada)

Sala Yago:

-Isto
é
unha
ilusión,
os edificios non falan
mais ti, queres escoitarme.

Pois mira, antes de ti naceres
estas mans moveran monicreques
estes ollos viran cine porno e
nesta pétrea pel tatuaran lemas
franquistas, tamén antifranquistas.

Xa era consciente antes
do teu bico principesco
mais si, quero que me tomes.

Isto
é
unha
ilusión,
mañá, acordarás preso
mañá, pecharei as fiestras.

Falarei coas arañas, cos gatos
cultivarei o musgo, os liques.
Os proxenetas desta cidade
especularán con este corpo.
Outra vez. E outra, e outra máis.

Mais non borrarán este amor
eu quérote, ti quéresme
xa estou preñada de… soños.