Posts Tagged ‘epopea’

Epopea breve do instinto e a tradición

Xoves, Maio 29th, 2014

Se atravesas un pinar en floración

sen o calzado axeitado

os teus pés tornarán

amarelos

verdeados.

Se te mergullas baixo un mar de algazo

sen encher as costelas de ar

as alegrías

aprenderán

a non respirar.

Gaia di que se ollas fixamente a lúa chea

sen protección ocular

os danos serán

profundos

irreparábeis.

Mais esa pedra é o único que reflicte

o presente

dos antergos

para ti

souberes.

Entón cuestiónaste se, malia o risco,

envolvido

no fume

da lareira

has curar.