Archive for the ‘Sen clasificar’ Category

La Voz de Galicia publicará o 90% en galego no 2014

Luns, Abril 1st, 2013

O Grupo Voz vén de anunciar unhas mudanzas progresivas para o seu xornal impreso e dixital, encamiñadas a acadar unha cota de publicación en lingua galega dun 90% como mínimo para finais deste ano, co obxectivo de entrar na próxima convocatoria de axudas da Xunta de Galicia aos medios de comunicación galegos, pola cal viña percibindo case 1 millón de euros anualmente entre todas as empresas da Corporación (ao que habería que sumar os máis de 10 millóns de euros outorgados a dedo desde que Núñez Feijóo accedeu ao Goberno).

Os criterios da Secretaría Xeral de Medios foron revisados despois da polémica suscitada na anterior convocatoria: A Voz percibira 611.210,56 € mentres que medios integramente en galego (Galicia Confidencial, Praza Pública, Sermos Galiza, Novas da Galiza) percibiran 0,00 €. Hai que ter en conta que actualmente a presenza da lingua propia do País é residual no diario de Santiago Rey, concretamente un encrucillado e a viñeta do Isolino. A cabeceira pasará a denominarse A Voz da Galiza. En palabras do seu propio tradutor automático: “Ou máis importante en os climas que corren é adaptarse a as menstruacións do xogo”.

*

P.S.: O primeiro de abril van os burros a onde non deben ir.

Feliz Día dos enganos!

Olá Blogaliza!

Xoves, Xuño 25th, 2009

A xeito de cego veño
a deci-lo que xa dixo
o Tio Marcos da Portela
polo primeiros de sigro.
As miserias que pasamos
os delores que sofrimos
a emigración que nos mata
e que nos tén consumidos.
Esta falta de xusticia
que nos ten aterecidos
andando co pico aberto
á esculca do grau de millo.
Os aldaxes que nos fan-he
na ciudade e no municipio.
O pagar coma empresarios
para que outros se fagan ricos.
O leite que nos mal pagan
a venden a “trinaecinco”
e por riba a democracia
que hastra agora é un conto chino.
As contribucioes que botan
ó noso lombo os politicos
as xogadas dos alcaldes
que son xogadas de pícaro.
Se pedimos que Galicia
volva a te-lo seu esprito
póñenno-la autonomía.
Os caciques son moi listos.
Debemos toma-lo a broma
rirnos todos e mais rirnos.
Veña un trago compañeiros.
Se non hai pan… veña viño.
Pedir pan, vitela e porco
fora xa pedir de vicio
pedir xusticia, bobada,
pedir traballo, delirio.
Pedir proteución ó aire,
pedir cultura, un ripio,
qué diaños hemos pedire?
que nos rompan o bautismo?.
Que pediremos entonces?
Volvamos sobor do dito
que Dios confunda os caciques
raposas do municipio,
que se lles tollan as maus
que se lles eslombe o cernizo,
que unha cadela de frades
lles esbure nos ouvidos.
Que se lles sequen os ollos
que se lles pudra o figado
que se lles solte o bandullo
hastra enche-los calzoncillos.
E nós, mentras, pra vengarnos
das que nos fam, a cotío
xordos pra tódalas queixas
sempre berrando e sorrindo.
Pois pensan que somos parvos
pois coido que van fodidos!
Todos xuntos compañeiros,
anque chegue o sangue ó río!
Mentras eles adoecen
o se van co demo, a brincos,
un día faremos festa,
compañeiros… veña viño.

(Cantar de cego II, Fuxan os Ventos)

*

Publicado por beto.