Presentación do libro ’55 mentiras sobre a lingua galega’

Crónica da exitosa presentación en Compostela, e escolma de publicacións sobre as demais presentacións simultáneas, 69 en total.
*
Libraría Couceiro. Santiago de Compostela. 05/02/2010. 20,30 h. Poñentes: Xosé Luís Regueira, Antón Dobao e Mª do Carme Ríos Panisse.
*
Fico con algúns argumentos habelenciosamente deitados no ar por Regueira: antes de ser arma ou manual de autodefensa, o termo bélico máis acaído para as páxinas protagonistas é o de desactivar minas, minas soterradas no subconsciente dos galegofalantes durante décadas que se activan ao falar da inutilidade ou das limitacións -castigando o fígado do Conselleiro de Cultura- do galego no ámbito culto. Tamén se referiu ao emerxente refinamento da mensaxe galegófoba: pervertindo algúns termos -libertá- e acuñando outros novos -dereito de elección dos pais-,  e lembrou o obxectivo dos seus creadores de opinión -explicitamente: Blanco Valdés e Calolu- que non é outro que ocultar que a lingua propia da Galiza a tódolos efectos é o galego. Recomendou a lectura do Manifiesto por la lengua común para reparar nesas coidadas exhortacións e xa fóra do contexto da presentación, cuestionou a importancia que lle presupoñen ao castelán (6º máis falado na Europa, sen contar Ucraína), deixando claro que iso xa non entra no tratamento do libro.

No coloquio posterior alguén cuestionou os obxectivos políticos da polémica focalizada arredor da lingua, pois existen outras actuacións en marcha moi perniciosas para o País, en terreos coma o mediambiental. Regueira asentiu: esa focalización tapa outras miserias dos gobernantes e mesmo da oposición. Mais a poliédrica lea lingüística ten faces que afectan moitos eidos de desenvolvemento como se está vendo na falta de respecto aos mestres nas bases do decreto do ‘plurilingüismo’. Ademais, a confrontación actual parte dun erro de cálculo dos autores do decreto en vigor ao non frea-la absurda estratexia mediática contraria á súa posta en práctica.

E todo transcorreu baixo a atenta ollada de xente coma don Camilo ou o Beiras e mais particulares e membros da cultura plástica, literaria e escénica; nun ateigado 2º andar de libraría, con xente amoreada polas escaleiras ascendentes e polas descendentes a un 1º andar tamén ateigado, mentres os habitantes da planta baixa mercaban exemplares de 8 en 8 euriños, fitaban a nada e escoitaban as pregarias do 69º anaco dunha espallada célula de galeguismo.
*

Velaquí algunhas narracións noutras partes desta presentación colectiva:

Baio: http://snlzas.blogaliza.org/2010/02/08/presentacion-do-libro-55-mentiras-sobre-a-lingua-galega-en-baio-2/

Barcelona (Catalunya): http://defensemlallenguagallega.blogspot.com/2010/02/55-mentiras-sobre-lingua-galega-en.html

Bruxelas (Bélxica): http://partedebruxelas.blogaliza.org/2010/02/07/sempre-nos-mesmos-mais-cada-vez-menos/

Lalín: http://trafegandoronseis.blogspot.com/2010/02/prolingua-en-lalin.html

London (England): http://seitura.blogaliza.org/2010/02/06/londres-tamen-estivo-co-galego/

O Grove: http://www.todogrove.com/index.php?option=com_content&task=view&id=2657

O Barco: http://setesoles.wordpress.com/2010/02/06/o-barco-ai-andabamos/

Pasaia (Euskadi): http://www.diariovasco.com/v/20100206/pasaia-errenteria/expectacion-libro-mentiras-sobre-20100206.html

Vilagarcía de Arousa: http://www.blogoteca.com/casaescola/index.php?cod=79209

A Coruña, Bos Aires (Argentina), Cacheiras, Cambados, Carballo, Cotobade, Lisboa, Melide, Moaña, Noia, Ourense, Ribeira, Tübingen (Deutschland), Vigo, etc: http://prolinguagalega.org/55-mentiras/

*

Publicado por beto.

Chuzame! A Facebook A Twitter

One Response a “Presentación do libro ’55 mentiras sobre a lingua galega’”

  1. beto Says:

    Poden deixar ligazóns a outras partes da presentación de ’55 mentiras’ en cantaresdecego@hotmail.com

    ;)

Olark Livehelp