Unha imaxe para o decreto do galego

Fotografía participante no certame ‘Unha imaxe para o galego 2009‘ do xornal dixital Vieiros en colaboración coa S. X. de Política Lingüística: ‘Perigo! (os galegófobos ateigan as carnicerías)’

*

Moito e ben se falou xa da improvisada e fuxidía apresentación do borrador do decreto ‘borrador’ do galego…

O sociólogo Fermín Bouza Álvarez incidía nos irrecuperábeis guetos urbanos monolingües en castelán; o mestre Valentim R. Fagim afondaba no desaproveitamento da nosa potencialidade lingüística; o escritor Agustín Fernández Paz numeraba 6 pontos que a modo teolóxico se poderían resumir en dous: ilegalidade estatutaria e ausencia de ética democrática; Manuel Bragado asegurou que lle escorreron as bágoas pola face ao ter coñecemento do texto, pois dóelle a lingua e mailo peto (hai que ter en conta que o mundo editorial galego xa fora atacado polo goberno feixista coa eliminación das axudas para tradución); e quizais, Filipe Díez, fixo o desmiuzamento máis completo do documento. Mesmo se ideou na rede unha orixinal teoría do 33+17% de galego-portugués no ensino co novo decreto.

Mais este polémico bosquexo estaba falto de acompañamento visual. E ante a ausencia dunha boa fotografía de familia, que deixara na diana da Historia aos perpetradores da infamia -cal trío das Azores-, nada mellor que a metáfora dun sentimento colectivo: o obxectivo da galegofobia feito carne.

*

Publicado por beto.

Chuzame! A Facebook A Twitter

4 Responses a “Unha imaxe para o decreto do galego”

  1. chuza.org Says:

    Unha imaxe para o decreto do galego…

    Moito e ben se falou xa da improvisada e fuxidía apresentación do borrador do decreto ‘borrador’ do galego… Mais este polémico bosquexo estaba falto de acompañamento visual. E ante a ausencia dunha boa fotografía de familia, que deixara na diana da…

  2. odemo Says:

    Nom sabia que tinhas blogue! Anotado!

  3. cantares de cego » Blog Archive » Presentación do libro ’55 mentiras sobre a lingua galega’ Says:

    [...] de cego « Unha imaxe para o decreto do galego Crónica da palestra ‘A lingua no ensino’ (C.S. Gomes Gaioso) [...]

  4. cantares de cego » Blog Archive » Crónica da palestra ‘A lingua no ensino’ (C.S. Gomes Gaioso) Says:

    [...] de Jesús Vazquez a algúns pais, que calificou de "atentado lingüístico" en base a análises xa hiperligadas. Na enganosa consulta, obviárono a el como "pai e nai de lingua francesa" e a todos os [...]

Olark Livehelp